miércoles, 16 de noviembre de 2011

A morte dos espazos

   Onte atrevinme a pasar pola casa "onde nacín" hai anos que souben que estaba condeada a desaparecer...que a venderan, a nosa -que non era nosa- e as colindantes. Todas casas de un só propietario-arrendatario, un piso por andar, poucos andares por edificio e sen demasiadas comodidades. A principios dos 80 moitos rapaces da miña idade vivíamos neste tipo de casas cuns pais moi novos que estreando a veintena lanzáronse con confianza á piscina sen comprobar se había auga. E si, había auga, tanta, que non se vía o fondo....prosperaron, e moito.
  Ningún dos meus veciños cumpliu alí os quince. Eran riquiños os meus veciños: Iván, Mónica, Xavier, Belén, Miguel...xunto a eles gastei a infancia e compartín cada intre da miña cotidaneidade. Todos e cada un acabamos marchando de aquel barrio entrañable. Era unha rúa perpendicular á que leva á Torre de Hércules. Nunha canteira alonxábanse os nosos niños. O mar estaba perto. A praia de Adormideiras era testigo diario dos veráns. Primeiro praia e logo ao Campo das Merendiñas, pasando por un túnel de árbores e un pequeno aserradoiro no que  preparaban as chalanas. Espazos destruidos.
  A casa onde naceu miña nai segue en pé, a casa onde naceu meu pai tamén segue en pé. Eu tiven a mala sorte de ir parar a unha zona golosa para un desenvolvemento urbanístico mal entendido. Onte pasei por esa rúa perpendicular á da Torre de Hércules. Iba coa miña irmá e coa miña filla. A miña irmá non comprendeu a miña reacción cando me vin rodeada de cemento mal usado. Dó, o dó de alguén que sabe que algo que quixo xa non existe máis que na súa memoria. Para ela non foi ningunha catástrofe: "¡Pasas dos trinta!, pretendías que non mudasen nunca as cousas?" Que pretensións tan extrañas teño. Gústanme as cousas que permanecen, así me configura o meu sistema endocrino, pero vese que hai xente que opina que non pasa nada por romper e seguir para adiante -e debe ser a maioría- O problema non é mudar, senón facelo mal.

Foto do proceso cun debuxo en cartel da promoción. Ca 2009

   Hai moitos lugares que forxan a súa identidade a base de tirar e volver a erguer. Tal é o caso da cidade de Berlín que presume de ser unha auténtica ave Fenix do urbanismo...madialeva...coa de desastres bélicos que sufriu!! Este non é o caso de Galicia, aquí estamos ben agochadiños pola nosa topografía, non tivemos grandes asedios que nos destruisen o patrimonio así que "témolo" que facer nós.
   Estes días escoito moito falar de promesas electoráis que insisten na importancia de "xerar emprego", a calquera precio, entendo eu. No eido da construcción habería que recurrir á liberalización do chan. Paréceme unha medida que aínda vai a afundir máis o barco. Esta crise é unha crise sistémica. Creo, moi ao meu pesar, que Europa está a perder o seu posto económico a nivel mundial. Aquí conseguimos o que non se logrou en ningunha outra parte do mundo: ter un nivel medio de vida alto. Costounos as nosas liortas e revolucións, exportamos ideas e agora vemos como as chamadas "economías emerxentes" están dispostas a vivir peor, e nun contexto de economía global eso é moi perigoso. ¿Por qué? algo moi sinxelo...de economía de primaria..
Tres sectores...
1. sector primario: Forte na economía galega. Sempre fomos un país de boas materias primas. Agora abandóase cada vez máis o rural, a economía de autoabastecemento coqueteou con convertirse en anécdota -ben é certo que non deixou de ser un coqueteo, os ovos da casa seguen a ser para nós insuperables- Pero a ver, no día a día das grandes vilas...como nos gusta o Mercadona, o club Carrefour ten grandes descontos...analizade! alí o producto de onde ven? como pode ser máis barato traer un peixe da outra beira do mundo que o que temos nas nosas rías? Comprar na praza de Lugo, estaredes conmigo, estase a convertir nun luxo.
2. sector secundario: Esto nunca foi o noso, industria pouca e por riba contaminante. As administracións non son quen de porlle trabas as empresas de fora e as propias...parece que a nadie lle doe esta terriña! "Mexan por nós e temos que decir que chove" Por si fora pouco as xoias da coroa da industria vernácula... sóavos R? están agora intervidas por capital alleo. Do textil mellor nin falamos, que era do pouco que ao medio ambiente lle saía rentable e...horror! deslocalización!...todos a Asia....
3. sector terciario: Parece que é do que queremos vivir todos...pero a ver...¡sector servicios!: non será pouca miga para tanto dente?? Está no turismo a nosa línea de flotación??
Europa en xeral, e Galicia en particular, segue a ter algo xenial: Historia, Arte e Cultura con maiúsculas. De esa que atrae, a que se escribiu e que se estuda. Aproveitémonos do eurocentrismo como escaparate...pero claro, temos que facelo ben e para eso teríamos que saber coidar o noso e non matar os espazos guiados por ese mal gusto que semella perseguirnos.
   Onte chorei, chorei diante da miña filla porque malia que ela coñeceu o seu primer fogar nun edificio de case cen anos, eu -como xa fixeran meus pais conmigo- non lle podo amosar con morriña a primeira casa que me acolleu . Chorei bágoas amargas para encher unha piscina de esas nas que os nosos pais flotaron, e non viron fondo, e que a nós.... din.....tanto nos vai costar saír del.

2 comentarios:

  1. He de decir que... no es que no entendiera tu reacción, es que no me vinculaba a ella. Mis recuerdos son mucho más difusos y la mayoría pertenecen a otro lugar y a otro momento.
    Pero realmente no me supone nada mirar hacia atrás, no siento nostalgia, no siempre... a pesar de ser una llorona.
    Siento lo de antes. No lo he valorado en absoluto. :S :(

    ResponderEliminar
  2. Precisamente de eso se trata: morriña, ben entendida e protectora, lánzoche esta reinvindicación fraternal ;) ♥

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...