e un vídeo sobre lactancia materna prolongada.
Non son ningunha experta, nin aspiro a selo...só unha mamífera consciente e feliz de poder disfrutar esta etapa da vida. A base de superar dificultades neste terreo aprendín onde acudir:
Nalgúns centros de saúde fan reunións de puerperio. No centro de saúde de San Xosé, Eugenia Laíño da moi bos (e sabios) consellos a Mamás recentes os mércores polas mañás. Tamén fan exercicios de solo pélvico. Preguntádelle a vosa matrona se no voso centro de saúde se fan cargo de este tipo de actividades ou se vos toca acudir ó San Xosé. No teléfono 981216227 -o do quinto andar no que están as aulas- daranvos máis información sobre as clases de puerperio.
No mesmo edificio da rúa Comandate Fontanes, no andar seis, atoparedes un grupo de mamis veteranas, os venres pola tarde. Chámanse Criando e o primeiro venres de mes ofrecen unha charla para embarazadas sobre lactancia materna.
Para cando xa se está de cheo no medio da lactancia, esas primeiras semanas que non a todas nos parecen fáciles recoméndovos acudir ante cualquera dúbida a Alma lactancia materna. Tédelas no centro cívico do Barrio dos Rosáis. Cambian de sala, así que preguntade na recepción. Poiden comprobar que a biblioteca do mesmo centro conta cun bo fondo de libros de crianza, asesorados en grande medida polas rapazas de Alma.
As súas expertas teñen a preparación suficiente para valorar dende a postura que adoptamos ata pataloxías máis serias coma os frenillos sublinguais que agochados, ás veces complican algunha que outra lactancia. Se credes que estades sufrindo unha mastite tamén vos aconsello que lles consultedes porque saben donde se podería facer un lactocultivo, no caso de que fose necesario.
Se a cousa se pon fea contarvos que na nosa área sanitaria o equipo humano e técnico que mellor poden axudar está no hospital Abente e Lago, na unidade de mama. Ademáis de contar con un tremendo prestixo a nivel nacional é onde se fan as ecografías mamarias.
Alma tamén ten sede en Culleredo. No centro de saúde de Acea da Ma están o primeiro e terceiro martes de mes.
En Cambre, tamén no centro de saúde, atopei unha de esas persoas entusiastas co seu traballo con ganas de axudar e ben informada: a enfermeira de pediatría do turno de tarde.
Sobrevoando a rede, sempre está o socorrido recurso da sección de lactancia do foro de Crianza Natural, alí soen contestar mulleres moi comprometidas que están a vangarda dos temas da teta. Ben é certo que a rede é un coadeiro e pódese dar con consellos ben(queropensar)intencionados, pero mal informados... sede cautas e neste caso concreto o mellor truco e fixarse nas firmas.
Algunhas asociacións teñen o seu propio foro, como é o caso de Ceutí Lacta ou alba lactancia materna, de Barcelona
Na rede contamos con unha ferramenta importante: http://www.e-lactancia.org/ unha páxina elaborada polo Hospital de Denia. Aquí pódense consultar a compatibilidade de moitos productos e fármacos coa lactancia.
Non me podo esquecer do libro de Carlos González: "Un regalo para toda la vida" entendo que poida haber a quen lle resulte demasiado dogmático. Cada un que aplique o sentido común e decida o que é mellor para o seu niño. O certo é que é unha guía muy útil, para min foi un auténtico vademecum.
Oxalá poida ir editando esta entrada a base de atopar xente sobre a que falar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario