domingo, 27 de mayo de 2012

Por que parir na casa?

Porque a miña casa é o meu territorio feliz.
Nela estou cómoda, sei cal é o meu recuncho de benestar.
Porque nun parto preciso concentración, intimidade e sosego.
Por telurismo.
Porque os irmáns tamén contan neste proceso.
Porque é agradable poder dilatar na bañeira, se che peta.
Porque o máis importante non son as dores de mamá e a monitorización.... o bebé é o protagonista e as mamás gústanos darlles a mellor benvida ao seu fogar.
Porque é moito máis económico.

-"É que...méteme medo quedar na casa"
- Ben, o medo está ben, é protector. A min danme máis medo os paternalismos e protocolos hospitalarios. Aínda así os hospitais están ben, logran salvar enfermidades de urxencia. O parto non é unha enfermidade, se me xorde unha urxencia durante o noso parto, podo ir ó hospital.
-"Pero un parto humano sempre conleva un risco".
- Pode, pero eu non estou falando de pecharme no baño, como fixo Juana de Castilla para parir a todo un señor emperador. Quero asistencia, asistencia dunha matrona que me inspire confianza, que nos coñezamos e coa que teña un punto común nas nosas aspiracións.


En Galicia temos a posibilidade de ter un parto domiciliario asistido. Agardo que esta posibilidad se vaia facendo cada vez máis presente. Sería taaan importante a involucración da administración pública ¿utopía? Neste enlace búscanse sinaturas para promovelo. (Queda un formulario na columna da dereita)
Sobre as ventaxas económicas fala hoxe a matrona Irene Garzón. Non se trata de obligar a  ninguén, a opción de parir nun hospital sempre está ahí, como acontence noutros países, pero, a lo menos, quen queira ficar na casa podería facelo e de paso axudar a adelgazar os custos da sanidade. Cuantiosos custos que moitas veces son absurdos tratándose dun parto eutópico (lede a Irene).
Tamén axudaría a desterrar ó medo que fai que o parto non termine de normalizarse. Un medo social, e tamén facultativo que acaba volcándose na sensación de moitas mulleres de que non serán quen de saber parir. Sobre os medos, dos malos, dos que inmovilizan (ou movilizan demáis neste caso) fala neste artigo Patricia López Izquierdo (IBCLC)
Dos meus medos dos bos, dos que advirten, váleme a experencia de Érase una vez una mamá, que se tivo que enfrentar por episodios á obstetricia reaccionaria do hospital Arquitecto Marside de Ferrol cando quixo presentar o seu plan de parto: Episodio 1, Episodio 2. Dende aquí enviarlle as grazas por loitar polos dereitos das nais galegas!
Tamén me vale a miña propia experiencia no materno infantil Teresa Herrera da Coruña. Como foi o meu parto? Bo, tería sido moito mellor se non me advertisen durante todo o embarazo que non sería quen de aturar a dor. Se non se me explicase nunha consulta de analsexia que o mellor é entrar pola porta pedindo a epidural, "digan o que digan as parteiras, que son moi xenerosas co sufimento alleo" Se a miña filla non decedise nacer un domingo e a comadroa non tivese que atender a polo menos tres parturientas á vez.... Co ben que estaba eu dilatando na miña bañeira morniña! Traslados, máis traslados intrahospitalarios en cadeira de rodas, intervencións non informadas nin consentidas...

...Por un parto na casa ♥


3 comentarios:

  1. Onte comentei pero creo que me fallou a conexión no último intre...
    Dicía que non podía estar máis de acordo contigo, que eu pensaba que ter as cousas claras e escribir un plan de parto era sinónimo de ter a sartén polo mango, e menudo mazazo que levei. Por certo, que me achegaron un recorte de periódico de fai poucas semanas onde dicía que o Arquitecto Marcide, xunto con outros hospitais, apostaba polos nacementos naturais e que ía facer una investimenta ó respecto.
    Vergonzoso, como a excusa que me deron para rexeitarme o meu plan de parto, que non había as infraestructuras adecuadas. Podería entender algo semellante se eu lles pedira parir na auga, pero para o que eu pido non fan falta cartos (é máis, os partos naturais está demostrado que son moito más baratos) senón unha apertura de mente. Por moito que invistas se non se inviste no factor humano non hai nada que facer...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alucino co que me contas con respecto ó recorte do periódico. Igual era boa idea revisar o que se entende por parto natural. Desde aquí ánimo co novo camiño que emprendiches! Oxalá poida seguirte en breve ;)

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...