jueves, 5 de enero de 2012

Dende Galicia: Música para pequenos...e non tanto!

Entre a choiva de agasallos que lles caerán aos nosos cativos haberá, agardo, tamén música. Alternativas aos "Cantajuegos" -que neste niño aínda non entraron- hai moitas. Algunhas das que coñezo quérovolas traer, a ver se vos serve de idea...

Na punta do pé é o traballo que Pesdelán (o primeiro como grupo) presentou na derreira primavera. A edición, moi coidada vai a cargo de Kalandraka, editorial ben coñecida por estos lares polo seu compromiso co idioma e o seu bo gusto para o traballo cos pequenos. Porén nesta ocasión a etiqueta "infantil" resulta un pouco "incómoda". Trátase dunha compilación de pezas bailables extraídas do repertorio tradicional. Para cada unha delas ofrecése a explicación de un baile, así que en realidade o abano de idade do público potencial é moi amplio e non precisamente expecificado no espectro dos máis pequenos como se pretende. Como moito poderíamos deixalo en que é unha boa opción para traballar sesións de baile con nenos máis maiores. A escolma musical non a vexo axeitada para os máis cativos. Para traballar con adultos pode resultar unha ferramenta moi útil. Ademáis inclúese un DVD no que varias parellas de bailadores amosan cada baile nas instalacións da cidade da cultura. Cunha narración monótona e con algúns fallos técnicos preténdese guiar nos pasos a un hipotético docente.
O prezo rondan os 25€ e como adoita acontecer este tipo de publicacións o material adxunto resulta case tan interesante como a música en sí. No libro que acolle o CD+DVD atopamos as letras das cancións, os pasos de baile e os datos de recollida de cada canción.



Tic Tac de Pablo Díaz xa é un clásico nas fonotecas galegas. A primeira edición data de Novembro de 2009 e durante estes dous anos xa tivemos varias ocasións de ver o seu espectáculo en directo. Pablo ven do eido da música tradicional, é fundador do grupo Ruote e ten dous cativos que teñen a sorte de ter un pai artista que inventa cancións para eles. Ó contrario do que acontece no caso anterior este si é un disco exclusivo para cativos. Anque nunha primeira escoita poida non apetecer demasiado recoméndovos que lle dedes unha oportunidade atendendo á letra....é xenial!  
O prezo: 20€ o libro-CD. Coas letras e ilustracións de Marc Taeger. Tamén de Kalandraka.



Arrolos de Salitre...o irmán de Pablo, Xabier Díaz, cantante do magno grupo Berrogüeto lidera as voces destas cantigas de berce. Unha chea de propostas para arrolar ós nosos bebés guapos nas noites máis difíciles. Podédelo atopar en varias edicións, dende a máis sinxela ate outras especiales con agasallos pequerrechos.




A Nena e o Grilo. Ó longo de trece cancións varios artistas do panorama musical galego achegan as súas propostas coordinados por Magín Blanco. Moita calidade e variedade que saberán apreciar tanto os pais como os fillos. O espectáculo tamén se paseou por toda Galicia durante os dous anos de vida que ten. Dúas eleccións persoais: o Cri Cri, na que cantan os nenos en distintos idiomas e, dende dentro, desas cancións que che fan chorar no embarazo a Nena Menciñeira na voz, suave, doce...que rica sabe a voz de Guadi Galego! As ilustracións van a cargo de Iván Prieto, non é o típico libreto de letras...xogade con el!



En 13 Lúas a AGAGA, como xa fixera co célebre PeloGato24 pon a cantar aos nenos. As trece lúas anuais teñén candasúa cantiga estacional e aínda que non gozara do éxito do seu predecesor ou dos Meniños Cantores estas estreliñas ben merecen unha ollada telescópica.


Se cruzades "a raia" non deixedes de buscar esta perla dourada: Cançoes de Embalar, disco de Nuno Rodrígues con colaboracións das voces máis importantes da música lusa, artistas da talla de João Afonso, ou Rui Veloso....



E marcho...correndo a ver os Magos e levarlles esta entrada do meu blog, para ver se lles pode dar algunha idea.


2 comentarios:

  1. Oh! Que descubremento tan xenial! Moitas grazas polas túas propostas, son xusto o que andaba a buscar! :-)

    ResponderEliminar
  2. Vero alégrome moito de que sirva para algo! Graciñas polo teu comentario.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...