A miña pequerrecha destápase sempre pola noite. As opcións de sobrepixama que me ofrecía o mercado non me convencían así que decidín facerlle eu mesma algo que cubrise as miñas exixencias.
Na parte de abaixo sigo o patrón de pixama para dous do blogue la inglesita. Un CC que organizou hai tempo, pero que continúa colgado na rede. As explicacións son moi precisas e tamén moi fáciles de seguir. Eu non modifiquei o patrón e con unha soa capa é grande de máis para nós, pero ao ser dobre tea queda perfecto. A unión das dúas capas de pantalón é moi sinxela, pero paras as miedicas principiantes coma mín está xenial o tutorial de Dana Made It.
Para as teas adoito elexir tela de sudadera que compro na Pantigana Shop. É moi suaviña e ten algodón así que a uso para as partes que están en contacto coa pel: a camiseta e o forro interior do pantalón. O puño tamén o merco na Pantigana. Os que eu teño son moi manexables para coser e lixeiriños para vestir.
Desta volta atrevínme a facer un aplique coas miñas rudimentarias ferramentas. Simplemente cortei un anaco da tela do pantalón, entreteei e cosín coa punta única da miña máquina -non teño moitas esperanzas de que resista ben os lavados-. O resto; remalladora.